Friday 03 de May de 2024

Inícianse os traballos de pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto


· Os traballos, valorados en 125.000 euros, inclúen a demolición do pavimento existente en varios tramos e a execución dun novo.

· Están financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

· O prazo de execución dos traballos é de 3 meses.

O Concello de Camariñas deu luz verde coa execución da acta de replanteo ao inicio dos traballos do proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo, na Ponte do Porto, que conta cun orzamento de 125.000 euros está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

As obras permitirán mellorar o firme da rúa, que actualmente se atopa bastante deteriorado. A actuación inclúe o desbroce da vía e a limpeza das marxes, a demolición do pavimento existente en varios tramos e, por último, a execución dun novo de aglomerado asfáltico e adoquín rústico de pedra granítica.

O prazo de execución dos traballos é de 3 meses.